Quantcast
Skip to main content

Se te estás a preguntar de que imos falar esta semana no plan lector, comezaremos por dicirche que cada día no pavillón pisas esa liña. Marca a distancia desde a que un tiro a canasta vale triple. Un importante desafío en cada partido, como importantes desafíos son todas as propostas semanais de lectura.

 

Desde a área de Educación Física propuxeron esta semana que falemos do deporte e valoremos a súa importancia na etapa escolar. E así o fixemos. Xurdiron interesantes debates nos que nos decatamos de que para estar activos mentalmente tamén cómpre estalo fisicamente.

O QR que acompaña ao cartel lévanos a unha interesante reflexión sobre “o ano baleiro” que os estudantes de 2.º de Bacharelato teñen sen actividade deportiva e cal é a opinión do alumnado.

No póster da actividade quixemos reflectir a importancia de promover que o noso patio sexa activo para contribuír a que sexa máis levadeira a mañá, se despexe a cabeciña de tanto traballo e se volva ás aulas con enerxía.

Os alumnos teñen á súa disposición na Casiña de Ler algúns libros e revistas sobre deporte cos que traballar na aula.  Os alumnos do último curso tamén realizaron a enquisa na que estba baseada o estudo.