Quantcast
Skip to main content

O noso proxecto de 2.º ESO “Descubrindo o mundo” finalizou e fíxoo da mellor maneira posible, compartindo a aprendizaxe coas nosas familias. Foi unha tarde intensa e emocionante para alumnos, familias e profesores.

Foron moitas as actividades desenvolvidas neste proxecto, comezamos participando nas 4 estacións de traballo no laboratorio de Bioloxía para coñecer a normas de seguridade no laboratorio, o material de laboratorio, as partes e o uso do microscopio… Actuamos como detectives resolvendo problemas de medicina científica relacionados coa fórmula da densidade para diferentes substancias e mesmo fixemos unha cometa no taller de Tecnoloxía.

Como parte do produto final do proxecto, entregamos ás nosas familias xabóns caseiros a través do proceso de saponificación. Outra das actividades do proxecto foi a visita á USC (Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía-Campus de Lugo) onde realizamos probas de análise sensorial e probas de análise físico-química de alimentos utilizando diferentes equipos e material de laboratorio para afondar no método do traballo científico.