Quantcast
Skip to main content

 O día 24 de outubro recibimos con moita alegría ás nosas familias no colexio para lles contar todo o que aprenderamos nos primeiros proxectos do curso en 1.º e 2.º ESO.

Os nosos profesores  están moi orgullosos do noso traballo e nós xa tiñamos ganas de amosarllo ás nosas familias.

No caso do proxecto sociolingüístico, expuxemos entre todos o resultado do noso traballo. Chegamos á conclusión de que é fundamental coñecer e respectar a tradición oral, xa que moitos dos saberes cotiás se tranmiten deste xeito.

Ademais, como parte do produto final, tivemos que recompilar as cancións de berce que nos cantaron de nenos, Así que gravámolas e despois vencellámolas cun QR para que fose moito máis sinxelo acceder a estes documentos sonoros.

Outra actividade consistiu en pedirlles tamén ás nosas familias que nos aprendesen cousas básicas, tan simples na vida diaria que non se nos ocorrería buscalas por escrito, como pode ser coser un botón ou dobrar ben unha camiseta e, con todo, decatámonos de que nos serán  moi útiles para a vida.

Este proxecto axudounos a reflexionar sobre os saberes transmitidos e a responsabilidade de conservar o nosos patrimonio material e inmaterial. Por iso, neste momento, no que dispoñemos que todos os medios, deixamos por escrito os nosos desexos. Aquelas ensinanzas que nos gustaría transmitir ás vindeiras xeracións, entre outras cousas: “Pasa máis tempo cos teus avós e escóitaos atentamente”.

 

E como final desta presentación, pedímoslles ás nosas familias que cantasen con nós o “himno” do proxecto e, como vedes no vídeo, están moi contentos. Foi o final perfecto para o nos primeiro proxecto no CDSL.