Quantcast
Skip to main content

Vaia sorpresa  co tema elixido!

Estes días imos enredar co mundo do motor. Non vaiades pensar que é un tema anecdótico na literatura, pois hai centos de libros adicados ao asunto. De feito, como curiosidade, contámosvos que no 2008 saíu a subasta unha colección sobre o tema que tiña más de 100 000 volumes, tedes toda a información neste enlace:  https://www.barnebys.es/blog/una-de-las-colecciones-de-literatura-de-motor-mas-grandes-del-mundo-a-subasta

O coche é un dos símbolos que quizáis representa mellor o grao de desnvolvemento industrial e económico dun  país.

O cartel está protagonizado por un Ford T, o primeiro coche fabricado en cadena e, polo tanto, máis accesible a un maior número de consumidores.

O QR que acompaña o cartel lévanos a coñecer mellor a biografía do seu inventor, Henry Ford.

En canto ao lema, fai referencia á  gran cantidade de películas nas que o coche é  un elemento fundamental, sobre todo, no cine americano. Aparte da mencionada Fast & Furious, seguro que lembrades Regreso ao futuro, O coche fantástico, Telma e Louise, Grease… Ou moitas outras que non se conciben sen un coche á altura do protagonista, como James Bond ou Bourne.

En tempos, o cabalo cumpría a mesma función. Era un complemento máis dos heroes e tiña gran importancia, de feito, ata tiña nome: Babieca, Bucéfalo, Rocinante…igual que hoxe recoñecemos o Batmóbil.

Leremos textos expositivos sobre alguna das marcas de automóbiles máis coñecidas con datos moi curiosos e sorprendentes; así como as biografías do mencionado Ford e mais a de Daimler. 

O resultado foi unha sesión moi entretida e divertida na que aprendemos moitas curiosidades sobre o mundo do motor;  e tamén descubrimos que ningún tema é alleo á  literatura.