Sabías que existen multitude de estudos que demostran que facer exercicio físico todos os días mellora a capacidade de estudo? Seguro que che dixeron mil veces que facer deporte é importante, que mellora a túa saúde e estado físico, pero quizais nunca che falaron do bo que é e de como mellora o noso desempeño académico.
E é que o certo é que a mente e o corpo non son compartimentos independentes, senón que se inflúen mutuamente. Para ter bos resultados deportivos é fundamental ter unha boa saúde mental, así como é fundamental facer deporte para manternos sans e estables mentalmente.
-
MENS SANA IN CORPORE SANO.
Cando facemos deporte, a cantidade de osíxeno no cerebro aumenta considerablemente. Isto fai que tamén aumente a creación de novas conexións sinápticas (conexións entre neuronas). Estas redes de neuronas son as que nos permiten funcionar adecuadamente, aumentando a memoria, a concentración, o razoamento… habilidades clave para estudar.
- Por outra banda, cando facemos deporte tamén aumenta o fluxo sanguíneo cara á cortiza prefrontal, unha zona clave do noso cerebro, como se fose a “torre de control” da nosa mente. Esta área tan importante é onde se desenvolven as habilidades cognitivas máis complexas, como poden ser:
- A memoria de traballo. O noso “caderno de notas” onde podemos gardar información durante un breve período de tempo.
- O control de impulsos. É a capacidade de frear antes de facer ou dicir algo para analizar se é o correcto. Tamén nos axuda a concentrarnos, xa que é moi importante para evitar distraccións.
- A atención sostida. Existen moitos tipos de atención, pero esta é a encargada de manternos concentrados nunha tarefa durante un período longo de tempo.
- O que nos permite entender o que estudamos, as explicacións de clase… Fundamental para tarefas como problemas de matemáticas ou comentarios de texto.
-
O FERTILIZANTE DO CEREBRO.
No noso cerebro hai unha proteína chamada BDNF (Brain-Derived Neurotrophic Factor). Cando facemos deporte, a produción desta proteína aumenta. A súa principal función é a creación de novas neuronas, sobre todo no hipocampo, a zona do cerebro encargada da memoria e da aprendizaxe. É dicir, un cerebro con máis niveis de BDNF procesa máis rápido e mellor a información, así como retén mellor os contidos estudados.
Pero non queda aí, senón que tamén protexe as neuronas xa existentes de posibles danos. Ademais, cando conseguimos un nivel correcto de BDNF, mellora o noso estado de ánimo e prevén trastornos como a ansiedade, a depresión, o Parkinson, o Alzheimer…
-
O CÓCTEL DA FELICIDADE.
Os neurotransmisores son “mensaxeiros químicos” que envían información dunhas neuronas a outras. Distintas actividades e situacións liberan distintos neurotransmisores, dependendo do que se necesite. Cando facemos deporte, libéranse fundamentalmente tres neurotransmisores que se relacionan directamente cunha mellor capacidade de estudo:
- Relaciónase co pracer, a motivación e a predisposición ao esforzo.
- Coñécese como a “hormona da felicidade” porque a súa principal función é regular o estado de ánimo. Axuda a evitar a ansiedade, a depresión, o insomnio…
- Son analxésicos naturais, xa que diminúen a dor xerando sensación de euforia e pracer. Son as responsables do coñecido “runner’s high”.
Ademais, a endorfina contrarresta o efecto do cortisol. Esta é a coñecida como a “hormona do estrés”. Cando os nosos niveis de cortisol son demasiado altos, “bloquéase” o acceso á memoria, o que provoca que quedemos en branco.
-
DURMIR PARA ESTUDAR.
Sabías que o que estudamos se “asenta” no noso cerebro mentres durmimos? Tendo en conta isto, non é de estrañar que sexa tan importante durmir as horas necesarias, de forma produtiva.
A actividade física axuda a regular os nosos ritmos circadianos ou “reloxo biolóxico”, o que nos permite durmir profundamente e consolidar todo o aprendido durante o día.
-
PERO… E COMO APLICO EU ISTO Á MIÑA VIDA?
Despois de toda esta chapa sobre neurotransmisores, zonas cerebrais e ritmos circadianos, estarás pensando “moi ben, pero eu que fago con isto? que teño que facer entón?”. Non te preocupes, o fundamental son estes tres consellos prácticos:
- Constancia mellor ca intensidade. Prioriza facer deporte todos os días, aínda que sexan 30 minutos, sobre facer moito deporte, pero só un día á semana.
- Elixe o que prefiras. Non é necesario ir ao ximnasio nin saír correr. Se o teu é bailar, pon música e a gozar. O importante é moverse, independentemente de como o fagas.
- Non á saturación. Cando leves moito tempo estudando e sintas que non es capaz de reter máis información, fai 10 ou 15 minutos de actividade intensa. Pode ser saltar á corda, correr, bailar… Isto axudarache a “resetear” a túa atención.
Así que, xa sabes, o teu cerebro rende máis e mellor cando o resto do teu corpo está en marcha. Non deixes as zapatillas no armario e sae moverte.
uando el resto de tu cuerpo está en marcha. No te dejes las zapatillas en el armario y sal a moverte.







