Os alumnos de 1.º e 2º remataron os seus proxectos e celebrárono explicándolles ás súas familias e compañeiros o que aprenderon ao longo destas semanas.
No curso de 1º da ESO e baixo o título “Este tolo mundo” os alumnos traballaron con este proxecto as materias do ámbito sociolingüístico, no que reflexionaban acerca da realidade e como nos achegamos a ela. Como observamos, clasificamos, analizamos e relacionamos todo o noso mundo para poder entendelo.
“Trabajando en el mundo” foi o título do proxecto do ámbito científico-tecnolóxico no que traballaron os alumnos de 2.º Curso, cuxo contido se centraba nas eciación, os sistemas, as forzas e o funcionamento das máquinas e os mecanismos.
En cada proxecto van gañando en madurez e seguridade á hora de facer as súas exposicións, e así o deixaron por escrito nos comentarios que fixeron ao rematar.
Parabéns aos dous cursos e moito ánimo para o novo desafío que comeza!