Quantcast
Skip to main content

Os alumnos de 2.º ESO iniciaron un novo proxecto no ámbito científico-tecnolóxico “Descubrindo o mundo”.

O desafío inicial lévanos ao laboratorio de Física-Química para iniciar unha viaxe de aventuras científicas. Acompáñasnos nesta viaxe?

Na primeira parada desta viaxe científica elaboramos pasta de dentes para elefantes, experimentamos con burbullas explosivas de hidróxeno, facemos flocos de aluminio (que non son para comer) e fabricamos luz coa nosa máquina de faíscas.

A viaxe continúa… A próxima aventura científica será…