Quantcast
Skip to main content

Seguindo os pasos de Tito Livio, en 2.º  ESO  convertirémonos  en historiadores e investigaremos desde a fundación de Lugo ata a actualidade, grazas ao segundo proxecto do curso.

Cando chegamos á aula, nas paredes había  imaxes de anacos da Muralla e estabamos rodeados de fotografías das súas portas. Cando nos preguntaron se sabíamos recoñecelas ou cantas había, decatámonos de que non temos moita información da historia da nosa contorna. Así que desde ben cedo nos puxemos en camiño.

O noso primeiro traballo consistiu en  percorrer o perímetro da Muralla para coñecer as súas portas, porque ningún de nós acertou o seu número. Fomo anotando os seus nomes e non faltou ningunha e tamén nos acompañou a chuvia nesta excursión.

 

 

Acabamos esta primeira etapa no Centro de Interpretación da Muralla, onde xa puidemos recompilar moita información sobre a Muralla e as orixes da cidade.

Acerca das orixes e as primeiras etapas de Lugo seguimos aprendendo moito máis en Porta Miñá, unha sala de exposicións na que nos explicaron polo miúdo a fundación e desenvolvemento da cidade.

 

Por último acabamos a nosa mañá descubrindo a interesantísima escavación da Domus do Mitreo , na que xa nos fixemos unha idea moito máis precisa de como podería ter sido a nosa cidae desde as súas orixes, como eran as súas casas e outros aspectos culturais e sociais.

 

 

 

E con toda esta información volvemos ao colexio, cunha morea de datos por ordear e con moitas ganas por empezar e coñecer máis detalles da nosa contorna.