Quantcast
Skip to main content

Como nos gusta vivir do conto!

Onte pasámolo xenial grazas a Silvia e Aida,de Emocionarte, dúas contacontos profesionais que viñeron ao colexio para que os nosos alumnos tamén aprendan a crear e contar os seus propios contos. Nesta proposta do Plan Lector participaron todos os alumnos do CDSL.

Comezaron lembrándolles os elementos e a estrutura dos contos e despois amosáronlles varias técnicas moi divertidas para improvisar contos.

Riron moito coas ocurrencias dos compañeiros á hora de imaxinar personaxes e tramas e houbo momentos de moita emoción e maxia no escenario.

 

 

 

Quedaron cunha morea de ideas para as súas proximas creacións literarias e tomaron boa nota do que aprenderon cando voltaron á clase.E ademais, deixáronnos moito material para que traballemos durante as  próximas semanas.

 

Foi unha actividade na  que aprenderon e gozaron coa  literatura e xa están desexando repetir.