Quantcast
Skip to main content

Adicamos estas semanas últimas semanas do ano ao Nadal, conectando co lema deste curso “Vosotros sois la Luz”, sigamos a LUZ máis forte, a que brilla na Estrela que sinalou o camiño para chegar a Xesús.

Os primeiros textos que nos falan do acontecemento máis importante para os cristiáns son os dos Evanxeos de Mateo e Lucas. Na Biblioteca podedes atopar a Biblia en diferentes idiomas e tamén na Casiña de Ler, en versións adaptadas para os alumnos.Todas as ocasións son boas para ler a Biblia, pero aquí temos unha excelente: o Nadal.

O Nadal foi sempre un tema recurrente para os escritores máis relevantes da literatura universal, sobre todo a partir do século XIX. Canción de Navidad de Charles Dickens convertiuse nun clásico do que hai múltiples versións. Cartas de Papá Noel de Tolkien o El árbol de Navidad de Hans Christian Andersen son outros títulos de obrigada lectura durante esta época do ano. Lecturas que permiten ser abordadas desde diferentes
perspectivas, coma o conto de Andersen propicio para traballar desde a área de Ciencias, por exemplo, xa que se pode conectar co problema da tala de árboles e a sustentabilidade.

O feito de atopar este tema en contos ou pequenos relatos pode facilitar a recomendación da súa lectura. Na Biblioteca podedes atopar infinidade de títulos, nesta ocasión suxerimos os seguintes: El día de Reyes, con relatos de Pardo Bazán, Valle-Inclán, Bécquer y Azorín, entre outros; La noche de Navidad, con relatos de Galdós, Gómez de la Serna, Sánchez Silva ou Pereda, ademais de poesías

Por suposto, todos vós sodes unha parte esencial nesta celebración e por iso decidimos incluír o lema do noso cole no título. Nun tempo no que as luces decoran todas as rúas da nosa cidade e nos dan alegría porque nos lembran que o tempo de Nadal está a piques de chegar, queremos lembrarvos que vós sodes a verdadeira luz, a luz importante que brilla e fai brillar aos que tedes ao voso redor.

O código QR lévanos desta volta á que pasa por ser a panxoliña máis escoitada do mundo: It’s beginning to look a lot like Christmas. (Para sorpresa de todos os que pensamos que era a de Mariah Carey). Desfrutádea e traducide a letra.

Ademais de ler aos clásicos xa citados, outra das actividades que realizamos foi a  de escribir as nosas propias versións.