Quantcast
Skip to main content

Durante toda a semana o noso alumnado estivo moi intrigado porque apareceu unha “misteriosa conta atrás”. E ao final, o venres descubriron a sorpresa.

A inauguración da “Casiña de Ler”, un marabilloso espazo no que gozar da lectura nun ambiente agradable e divertido no que contan cunha gran variedade de títulos adaptados á súa idade.
A Casiña de Ler é outro dos compromisos do Plan Lector que este ano queremos impulsar dun xeito especial para fomentar a lectura entre o alumnado do CDSL.