Quantcast
Skip to main content

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, este ano co lema “As bibliotecas coidan de nós”.

Dende a Biblioteca de Alexandría, unha das bibliotecas máis importantes e prestixiosas da Antigüidade, pasando pola Biblioteca do Vaticano ou a Biblioteca Nacional, todas as bibliotecas teñen en común o feito de gardar tesouros literarios para o noso uso e desfrute.

Así, as bibliotecas son como unha pequena caixiña na que se gardan miles de historias. Esta semana, dende o Plan Lector, propoñémosvos usar lecturas que conteñan a técnica das “caixas chinesas”.

Ao igual que as bibliotecas conteñen miles de historias no seu interior, as historias narradas con esta técnica poden ter a un personaxe que narra o que lle ocorre a outro, intercambiando lugares e mezclando presente, pasado e futuro, ou tamén narrar varias historias que poden entrecruzarse e ter relación na trama da novela. Deste xeito, a novela sería outra caixiña que contería varias historias no seu interior.

 

Desde outras áreas, pode contribuírse con lecturas que axuden a fomentar hábitos de vida saludable porque como di o lema, “as bibliotecas coidan de nós”, pero tamén podemos coidarnos con unha alimentación saludable ou practicando deporte.

E nós seguimos a gozar da nosa particular Casiña de Ler, a nosa bibloiteca escolar, que xa nos demostra o moito que nos coida cando nos acolle nos recreso nos que chove e non aptece saír ao patio.