Celebración de Apertura do Curso 2024-2025
Comezamos un novo curso escolar cun camiño para percorrer de futuro e esperanza.
Empezamos a xornada coa celebración da Eucaristía Solemne presidida polo noso Bispo Monseñor Alfonso Carrasco, un momento para compartir en comunidade e agradecer o inicio deste novo curso 2024-25. Agradecemos aos nosos alumnos, familias, profesores, pas, autoridades eclesiásticas, civís e militares que nos acompañaron neste gran día tan importante para nós.
Desde o ano 1598, inauguramos cursos con ilusión e compromiso. Ao longo da nosa historia, o Seminario Menor converteuse nun lugar para a educación, o saber, a cultura, a arte e o crecemento en todas as dimensións da persoa. Hoxe, como Colexio Diocesano San Lorenzo, seguimos respondendo ó desafío educativo, crecendo e representando nha vida educativa que non deixa de avanzar. Facemos festa non só ao terminar o curso, senón tamén ao comezalo, porque é un verdadeiro agasallo o poder compartir este tempo adicado á educación, un acto de esperanza e unha oportunidade de crecemento persoal e comunitario.
Nesta xornada facemos entrega das mencións académicas dos nosos alumnos máis destacados e brindamos polo novo curso. Xuntos, con positividade e desde o corazón, camiñamos cara un futuro cheo de esperanza coa axuda do Señor. Que este novo curso sexa de crecemento e aprendizaxje para todos con Cristo no noso horizonte!
Celebración curso 2024-2025