Quantcast
Skip to main content

O día 21 de decembro puxemos fin no CDSL ás clases por este ano e celebrámolo ao grande. Ao longo da mañá asistimos a actividades tan diversas que fixeron que se nos pasase o tempo voando.

Os alumnos dos ciclos que se imparten no noso colexio, convertéronse nos nosos profesores por un día e, grazas a eles, practicamos deporte, aprendemos xogos populares e déronnos moi bos consellos sobre a nosa saúde dental.

 

E reservamos un tempo moi especial para a bendición do noso nacemento e para compartir a última eucaristía deste ano no colexio, onde nos desexamos, de maneira anticipada, un bo Nadal.