Nesta ocasión, os alumn@s dos ciclos deportivos estiveron de visita no centro @beone_fintess_sport #lugo onde realizaron unha valoración da súa composición corporal e un adestramento funcional.
A valoración fíxose cun analizador @inbodyes e para a sesión de adestramento funcional utilizouse un rack e diferente material como kettelbells, ropes, balóns lastrados ou caixóns de salto.
En ambas actividades os alumn@s puideron intercambiar opinións cos técnicos responsables e obter feedbacks, que lles son de gran axuda no seu proceso de aprendizaxe e formación.
Moitas grazas ao centro @beone_fitness_sport pola súa disposición para complementar a formación dos nosos futuros técnicos.