Os alumnos de 1.º ESO usaron un robot programable chamado Colby para repasar o vocabulario da unidade de Lingua Inglesa. Mediante a codificación, os alumnos deron instrucións simples a este rato.
Colby foi capaz de chegar ao final da secuencia onde se atopaba a súa recompensa (un anaco de queixo) e ao mesmo tempo o vocabulario de Inglés traducido previamente.
Nesta hora de clase de Inglés tamén practicaron outras habilidades como:
resolución de problemas
- o autocorrección de erro
- o pensamento crítico e analítico
- a lóxica deductiva
- o traballo colaborativo
- destrezas de debate e comunicación
- cálculo de distancias e conceptos espaciais
Unha experiencia divertida e unha forma de incluír a tecnoloxía nunha clase de lingüística