Quantcast
Skip to main content

Canta ilusión nos fai o Nadal!

Este ano vivímolo aínda con máis intensidade  nas aulas porque a pastoral do colexio organizou un concurso de decoración de Nadal que nos encantou.  A pesar de ser un concurso, prestámonos materiais e axudámonos entre as clases  e non deixamos ningún recuncho sen decorar.

Traballamos en equipo e con materiais de reciclaxe, como indicaban as bases .
Foi unha experiencia moi divertida e agora esperamos ansiosos os resultados.