Quantcast
Skip to main content

Traballamos con metodoloxías de ensino-aprendizaxe innovadoras, como as rutinas de pensamento.

Hoxe presentamos a rutina de pensamento “Comparar e contrastar” utilizada en 1o. ESO na UD de vertebrados: peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos.

A partir dunha serie de preguntas que serven de guía, o alumnado chega a unha conclusión final a partir das semellanzas e diferenzas atopadas entre as distintas parellas de animais vertebrados establecidos.