Quantcast
Skip to main content
Moitas son as actividades propostas no proxecto científico-tecnolóxico de 1º ESO “Duro como una piedra”
Estas son unha mostra delas:
O xogo do ciclo das rochas 🪨: Xogamos a recoller mostras de rochas metamórficas, sedimentarias e ígneas empregando un xogo de mesa.
Empregamos un taboleiro cos 3 tipos de rochas, un dado, 3 fichas de distintas cores e tarxetas de distintas rochas.
Os xogadores de cada equipo toman a súa quenda para tirar o dado e o número obtido guíao polo proceso que segue cada rocha :
1-compactación
2-erosión
3-presión
4-fusión
5-arrefriado
6-tirar de novo o dado 🎲
O gañador 🏆 de cada grupo é o primeiro en recoller unha mostra de cada tipo de rocha.
Desarmar o teu móbil 📲 e comprobar de que minerais está formado é outra das actividades do proxecto científico-tecnolóxico “Duro como una piedra”.
Dispoñemos dun taboleiro con 14 tarxetas de preguntas ⁉️sobre os minerais necesarios para construír un movil.
Quen responda correctamente o maior número de preguntas e consiga o maior número de tarxetas de minerais será o gañador 🥇
Un parchís con preguntas sobre distintas rochas e minerais foi outra das actividades para adquirir e profundizar coñecementos, nesta ocasión as preguntas do parchís en inglés. Unha nova proposta para practicar idiomas mentras repasamos coñecementos de xeoloxía.