Quantcast
Skip to main content

Despois dos días de alegría e ilusión polo comezo dun aninovo, chega o primeiro revés: “a costa de xaneiro”

E debido a que é un tema tan presente nas nosas conversacións destes días, pareceunos do caso botarlle unha ollada á relación que hai entre a Literatura e a Economía.

A mencionada expresión fai referencia á dificultade que moita xente ten para facer fronte aos gastos e compromisos que xorden no principio do ano, despois de gastar o diñeiro durante as festas de Nadal. Así que, en xeral, arríncase  o ano cunha situación financeira máis complicada   do  habitual. Fai falta engadir que tamén é a época do aumento xeneralizado dos prezos de produtos básicos, por exemplo, a luz e o gas, que ademais teñen un maior consumo nestes días de inverno. A área de Economía do CDSL suxeriu este interesante tema para traballar nas aulas.

E a Literatura fala da Economía? Por suposto. Non podería ser doutro xeito, xa que na nosa sociedade o motor parece ser o diñeiro. Xa nolo explicaba no seu coñecido poema  Quevedo, o poeta do Barroco, que leva o título do tema que escollemos para a proposta de lectura. Nesa composición, fai unha crítica á sociedade da súa época, na que o diñeiro e o poder eran os valores máis importantes. Búrlase da idea de que co diñeiro pódese comprar todo o que se desexe e suxire que, en realidade, o verdadeiro poder e a verdadeira felicidade non se poden comprar con diñeiro. A letrilla daquel Quevedo dos Séculos de Ouro ben podería ser a letra da canción dun Quevedo moderno, pois pouco cambiaron as cousas.

Desde a área de Economía, son varias as propostas que nos fan para traballar nas aulas:

Proposta para 2.º BAC:

Título: O Banco de España non prevé unha recesión técnica da economía española e observa certo alivio da inflación.

Ligazón: https://elpais.com/economia/2022-12-20/él-banco-de-espana-descartar la-recesiontecnica-diere la-economia-espanola.html Obxectivos: Traballaremos a lectura dunha noticia de finais do mes de decembro de Economía xeral acerca das previsións do noso crecemento económico en España e zona Euro. A través da noticia, extraeremos aqueles indicadores económicos máis relevantes de forma que nos permita traballar estes conceptos ao longo do curso.Con este grupo a noticia serviunos para a introdución de novos conceptos que descoñeciamos e para afianzar os xa coñecidos, por exemplo:
• O Banco de España realiza informes periódicos con relación á situación económica xeral do país.
• As previsións económicas de Banco de España en relación a emprego, PIB, taxa de paro.
Con este grupo detivémonos coas gráficas da noticia.

Proposta para 1.º BAC:

Título: O crack do 29. Como ocorreu a peor crise na historia de Wall Street.Ligazón: https://www.bbc.com/mundo/noticias-50189619

Obxectivos: Trátase de comprender as circunstancias históricas que desencadearon o crack do 29 e a súa repercusión económica. A través desta experiencia que nos brinda a historia, poderemos valorar porque se producen as crises financeiras e comprender os investimentos con risco.

Co vídeo realizado por Academia Play, familiarizámonos co contexto histórico para entender de forma correcta a crise:
Posteriormente,  lemos entre todos a noticia de prensa e  finalmente relacionamos o crack coas crises actuais, incidindo sobre a necesidade de estar informado á hora de realizar investimentos. Os alumnos  debateron con relación á noticia e sobre a importancia de tomar decisións financeiras informadas. Varios alumnos fixeron unha reflexión final, sendo o comentario xeral que antes de realizar un investimento entendían que debían ser asesorados debidamente e informarse cos medios ao seu alcance.
Proposta para 4.º ESO:

Título: Como foi a crise dos tulipanes, a primeira gran burbulla da historia mundial.
Ligazón: https://www.bbc.com/mundo/noticias-44162659

Obxectivos: Analizaremos a primeira gran burbulla da historia e relacionarémolo cos novos investimentos de risco actual como o Bitcoin. Reflexionaremos acerca dos investimentos con risco e elaboraremos unha proposta de boas prácticas de aforro.

Neste caso lemos o extracto da noticia que se propuxo no plan Lector entre todos. Posteriormente realicei unhas aclaracións de por que se produciu a burbulla incidindo nos conceptos financeiros de máis difícil comprensión. Relacionamos a burbulla dos tulipanes coas actuais crises financeiras e sobre todo co auxe das criptomonedas, destacando a relación de rendibilidade e risco. Opinaron por escrito sobre a noticia e a importancia de tomar decisións financeiras informadas. Deixaron constancia da súa opinión persoal na folla de traballo de “Tulipomanía” no seu cartafol de Plan Lector.

Proposta para Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial:

Título: As claves do éxito de Ikea.

Ligazón: : https://www.abc.es/economia/abci-secretos-exito-ikea-201210020000_noticia.html

Obxectivos: Comprender o éxito empresarial a través da análise da empresa Ikea. Elaborar un resumo das principais accións que levou a cabo e aplicalo á nosa idea de empresa.Con este grupo lemos a noticia entre todos deténdonos en cada unha das claves que se indican do éxito de Ikea. A medida que iamos iniciando a explicación de cada unha das claves do éxito, iamos realizando un mapa conceptual para clarificar todas as claves do modelo de negocio desta empresa. Os alumnos opinaron sobre  a imaxe de marca da empresa.Trataron de relacionar as actividades que leva a cabo Ikea coas súas empresas valorando se o seu modelo de negocio é rendible e se pode aplicarse ás súas empresas.

Os nosos alumnos sorprendéronse con estas historias que lemos en clase e abríronse interesantes debates acerca da importancia da economía na nosa sociedade.