Quantcast
Skip to main content

Todos os alumnos de Secundaria do CDSL comezaron proxectos o 1 de marzo . Para os cursos impares, do ámbito científico-tecnolóxico e do ámbito sociolingüístico no caso dos  cursos pares.

A propia viaxe xa foi toda unha aventura, pois non faltou de nada: chuvia,neve, sarabia e ata raiou o sol… pode ser un excelente avance do que van a vivir durante as próximas semanas, xa que a aprendizaxe basado en proxectos presenta cada día un novo reto.

Os proxectos que se propoñen aos nosos alumnos parten dunha situación de aprendizaxe na que procurando unha proposta orixinal e de aplicación na contorna, se desafíe aos alumnos a observar a realidade para que adquiran coñecementos e habilidades que poidan aplicar na súa vida cotiá ou no seu futuro profesional Viaxaron a Mondoñedo, Cervo e Burela  como desafío inicial dos proxectos do ámbitos científico-tecnolóxico e mais sociolingüístico dos alumnos de toda a Secundaria.

Unha das paradas da viaxe levounos á fábrica de Sargadelos, de especial interese para os alumnos de 2.º e 4º, xa que os seus proxectos son do ámbito sociolingüístico  e Sargadelos desempeñou e desempeña un papel importante na historia de Galicia. Ademais de ser un importante núcleo industrial, que precisaba moita man de obra, tivo un impacto moi significativo na economía da zona.

Na actualidade, Sargadelos continúa sendo unha empresa activa e  os seus produtos expórtanse a todo o mundo. A empresa recibiu numerosos premios e recoñecementos pola súa calidade e pola súa contribución á cultura galega.

O noso camiño levounos despois ata Burela, onde visitamos o Barco Museo, no que puidemos observar a historia da pesca na zona e aprendemos moitos datos sobre as medidas para a conservación do patrimonio marítimo. Foi unha excelente oportunidade para achegarnos á actividade  pesqueira de  Burela  e decatarnos da súa enorme importancia na economía e sociedade da zona.

Neste caso, esta visita era máis interesante para os alumnos de 1.º e 3.º, que acaban de comezar os proxectos do ámbito científico-tecnolóxico.  No barco-museo “Virxe do Carme” que recrea unha das embarcacións tradicionais de pesca que empregaban na zona e, ademáis está equipado cos aparellos típicos da época.

Finalizamos a nosa viaxe en Mondoñedo, onde visitamos la Basílica de San Martiño, unha das xoias do patrimonio cultural de Galicia  que debemos coñecer , pois é indubidable que salienta entre o románico  da nosa comunidade. Alí compartimos una celebración eucarística.

Voltaron a casa cunha morea de material para comenzar  as súas propias investigaciones  e cunha boa mochila cargada de emocións compartidas cos compañeros.