E se un día chegas á aula e che din que vas traballar no proxecto Chámalle X?
A que che parecería que non ten nada que ver coas materias que tes que estudar?
Pois este foi o orixinal tópico xenerativo proposto aos alumnos de 2.º ESO para o traballo colaborativo sobre o rei Afonso X o Sabio. Unha experiencia didáctica nova na que están traballando con moito interese.