No proxecto Cuadratura do Círculo os alumnos de 3.º ESO enfróntanse a problemas moi complexos que precisan de resolucións moi imaxinativas.
Neste intre están construíndo unha igrexa a partir dunha maqueta feita a escala E 1:6.
Traballan con pezas de gran tamaño que non son doadas de calcular porque teñen que ir coas medidas ben axustadas para que encaixen perfectamente.
No taller o tempo pasa rápido e hai que cumprir os prazos e as esixencias do proxecto.
Non vos asustedes, que isto engancha!