Quantcast
Skip to main content

Xa podemos retomar as actividades na horta de Santa Comba!

Levamos moitos anos, case dúas décadas, participando no programa de educación ambiental Voz Natura da Voz de Galicia impulsado pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Con esta actividade poñémonos en contacto coas tarefas do medio rural: dotámonos de fundas de traballo e zocos de goma para preparar o terreo, cultivamos leitugas, repolos, grelos, pementos, tomates, espinacas, amorodos, cabazas…

Tamén sacamos o máximo proveito de facer marmeladas cos froitos das nosas árbores que son moi saborosas.

Na horta criamos galiñas coa axuda da incubadora que deseñamos co noso profesor Miguel Leiva e así observamos o desenvolvemento e cría dos pitiños.

Outra das nosas actividades no Proxecto Voz Natura son as saídas guiadas ao campo para ampliar o coñecemento sobre o noso medio natural identificando especies animais e vexetais.