Celebramos con alegría unha nova incorporación á familia de colexios que dependen da Diocese. A compañía das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl comunicou a decisión de ceder o colexio da Milagrosa á Diocese de Lugo a partir do próximo 1 de setembro de 2022. Trátase do coñecido centro educativo de infantil e primaria con sede no edificio anexo á Parroquia de San Froilán.
A Diocese recoñece e agradece a presenza máis que secular da Congregación na nosa cidade. Agora a Diocese terá a titularidade de dous centros educativos, un de infantil-primaria e o noso CDSL, con ESO, BAC e FP. Aínda que son proxectos diversos un concertado, outro privado), trátase de propostas que poden converxer e enriquecerse mutuamente. Deste xeito darase un novo impulso ao constante traballo educativo da Igrexa na nosa terra, aposta que xa renovou o curso pasado coa creación do Colexio Diocesano San Lorenzo.