Viaxe a Roma: día II
A cada paso que dan os nosos compañeros en Roma descobren algo aínda máis abraiante.
Hoxe mandáronnos moitas imaxes da súa visita
Foron á Piazza Navona, co seu obelisco de fondo.
Á Columna de Trajano, a historia romana contada en pedra tallada.
Estiveron na Igrexa de Il Gesù, referente arquitectónico das igrexas da Compañía de Xesús.
Visitaron o coñecido Coliseo e o Arco de Constantino, o derradeiro o deste tipo de arcos conmemorativos…
Os nosos compañeiros están gozando e aprendendo moito da historia e da arte de Roma ou o que é o mesmo, da nosa cultura occidental en xeral…
E tamén tiveron tempo para saborear unha deliciosa pizza… Nós ,desde o colexio, mandámoslles un saudiño e agradecémoslles que nos conten tantas cousas e nos fagan participar da súa viaxe…
Xa esperamos impacientes as novas de mañá.
Os nosos compañeiros están a gozar e aprendendo moita historia e arte de Roma ou o que é o mesmo, da nosa cultura occidental en xeral…
E tamén tiveron tempo para saborear unha riquísima pizza… Nós, dende o cole, mandámosche unha mensaxe de agarimo e agradecemos que nos contaras tantas cousas e que nos fixeras parte da túa viaxe…
Esperamos impacientes as noticias de mañá.