No título da primeira actividade do plan lector xogamos coa ambigüidade.
Por unha banda, os principios fan referencia a un novo comezo, neste caso, a volta ao cole. Os principios son sempre apaixoantes xa que nos presentan novos retos, novas metas.
Por outro lado, os principios tamén se refiren ás normas ou ideas fundamentais que rexen a nosa conduta. O noso colexio defínese polo seu ideario católico, un alto nivel de esixencia e o traballo en equipo.
No cartel da proposta semanal aparece unha porta aberta, un comezo, unha entrada, una invitación a un novo mundo por descubrir, como o que cada un ten por diante neste novo curso que acaba de comezar.
Entre as actividades desta semana, leremos una selección de comezos emblemáticos da literatura universal observando as características de cada un: Que os fai singulares? Por que os lembramos? Cal sería el comezo da túa propia novela?
Se falamos de inicios emblemáticos da literatura universal, sen dúbida temos que falar da obra El Ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes. Resulta curioso que no son moitos os que a leron completa porén todos somos quen de reproducir o seu comezo. Leremos o primeiro capítulo y realizaremos actividades de investigación e comprensión de textos.
Outro comezo coñecido por todos é o da Biblia. Propóñense para as materias da área de ciencias, diversas lecturas sobre a orixe do universo, como a de Isaac Asimov, El Universo, o a de Darwin, El origen de las especies.
El código QR lévanos a un dos anuncios máis lembrados por todos, o da volta al cole con El Corte Inglés. Pediremos aos alumnos que o compartan cos seus pais e observen como co paso do tempo foise cargando de morriña e transmite a boa lembranza que supón a volta ao colexio. Reencontro cos amigos, estrea de mateiais e roupa, mochilas cargadas de ilusión… Unha excelente proposta para un curso que comeza.
Os alumnos que acaban de llegar ao colexio temén poderán compartir a súa experiencia de comezo, para algúns non é soamente un novo colexio senon tamén unha nova etapa, todo un desafío.
O mellor dos principios para o noso plan lector!