Esta semana, na actividade do Plan Lector tratamos o tema da tradución para conmemorar que este 30 de setembro, día de S. Xerónimo, autor da “Vulgata”, é tamén o Día Internacional da Tradución.
Esta semana, na actividade do Plan Lector tratamos o tema da tradución para conmemorar que este 30 de setembro, día de S. Xerónimo, autor da “Vulgata”, é tamén o Día Internacional da Tradución.
De aí o título elixido, que fai referencia á película de Sofia Coppola do 2003; mais tamén é unha expresion que se usa cando nunha tradución se perde parte do significado orixinal debido a diferencias entre as dúas linguas, a orixinal e a meta.
No póster da actividade incluímos a Torre de Babel a cal, según narra o Antigo Testamento, foi construída nun intento por alcanzar o ceo. Foi entón cando Deus castigou á humanidade facendo que cada un se expresase nunha lingua diferente e evitando así que puideran entenderse entre eles.
No QR facemos alusión á Pedra Rosetta, descuberta por P.F. Bouchard en 1799. É un fragmento dunha estela exipcia que, grazas a ter un mesmo decreto escrito en tres escrituras distintas (xeroglíficos exipcios, escritura demótica e grego antigo) facilitou a tarefa de descifrar os antigos xeroglíficos exipcios na sociedade moderna.
Ao longo desta semana propoñemos a lectura da Biblia, o libro máis traducido da historia. Plantexamos o problema das tradución e comparamos a tradución da Biblia en castelán coa realizada ás outras linguas que se estudan no colexio.
Terminamos esta proposta cunha actividade especial na que convocamos a unha lectura continuada da Biblia o día 30 de setembro con motivo da festividade de San Xerónimo a todos os alumnos e á que tamén se sumaron algúns profes. Unha interesante actividade para celebrar el Día Internacional da Tradución, no vos parece?