Quantcast
Skip to main content

O Mércores de Cinza comeza o período de Coresma, que abrangue ata o Xoves Santo.

No Plan Lector imos lembrar que este tempo se asocia cos corenta días que Cristo pasou no deserto orando e xaxuando antes da súa vida pública

Ademais de aludir a este tempo directamente, lévanos a un conto de El Libro de Buen Amor do Arcipreste de Hita. Unha obra chea de ensinanzas morais e explicacións didácticas relixiosas. O QR desta semana lévanos directamente a este fragmento. Consideramos que é un tema interesante para traballar desde moitas perspectivas: relixiosa, social, cultural e literaria.

Era frecuente desde finais da Idade Media atopar estas reflexións sobre as dúas posturas ante a vida.  Por exemplo, a imaxe que escollemos para o cartel pertence a un dos mestres da pintura flamenca, Brueghel o Vello. Trátrase da súa interpretación do tópico “Combate entre don Carnal e dona Coresma”, no que se enfrotan os que celebran o Entroido, á esquerda, e os devotos que cumpren coa Coresma, na dereita do cadro.

Tomando a idea do xaxún, sería interesante acudir a libros de vida saludable que nos axuden a levar este tiempo de xaxún con sentidiño,  libros onde podamos aprender a adquirir bos hábitos alimenticios que incorporar ás nosas vidas.

Na Biblioteca podedes encontrar estes títulos: Anorexia. dieta, Estética, Creencias: Actas del Seminario.– A Coruña : Museo do Pobo Galego. Educación para la salud: guía práctica para promover estilos de vida saludables de Miguel Costa Cabanillas y Ernesto López Méndez. Comer con alegría. La redención de la comida como regalo de los dioses de Rachel Marie Stone; así como enciclopedias sobre as ciencias e a  saúde.

No tocante á  idea da ensinanza, vaiamos a aqueles libros ou partes de libros nos que encontramos ensinanzas morais, como as Fábulas de Fedro, Iriarte o Samaniego, que se poden traballar desde todas as áreas o Las parábolas de Xesús. Dios me habla y lee hago caso de Enrique Jiménez, una obra que tamén podedes atopar na Biblioteca.

Outra das actividades foi aprender da estrutura dos contos de El Conde Lucanor y reelaboralos con temas actuais aos que se lles buscaba solución dialogando en grupos:

 
[learn_press_profile]