Quantcast
Skip to main content

No Plan Lector está implicado todo o profesorado do Colexio Diocesano San Lorenzo, pois todos somos conscientes da necesidade de traballar na lectura, expresión e produción de textos.

De maneira particular, o equipo responsable do plan lector, integrado polos docentes da área lingüística do Centro, encárgase do labor de promoción e dinamización deste plan. Este equipo proporciona os materiais, espazos e ferramentas que o resto dos profesores precisen para a promoción da lectura nas súas materias.

Os obxectivos do Plan Lector que baixo o lema “Vós sodes a Luz” vai levar a cabo neste curso son sinxelos e moi concretos:

  1. Fomentar o interese pola lectura facilitando o acceso a un amplo catálogo de lecturas adaptadas a cada etapa nun espazo de lectura específico e moi atraente para que sentan a gusto mentres len.
  2. Traballar a comprensión lectora, para o que contamos cun banco de actividades idóneas para todos os niveis e calquera modalidade textual.
  3. Mellorar a produción escrita mediante propostas semanais orixinais e motivadoras.

Para alcanzar estes obxectivos, o Plan Lector vaise percibir na vida cotiá do centro mediante tres niveis de actuación:

  1. Desde a área de linguas vaise realizar unha actividade semanal baixo un fío condutor suxestivo co que se traballará en todos os cursos.
  2. O resto das materias dedicará unha clase ao mes a actividades relacionadas coa lectura.
  3. Unha vez ao trimestre todo o alumnado participará nunha actividade relacionada co plan lector.

As actividades previstas son moi diversas e pensadas para todos os cursos:

  • Lecturas guiadas e individuais.
  • Actividades de comprensión lectora.
  • Tradución de textos.
  • Produción de textos de distintas modalidades.
  • Literatura e cinema.
  • Charlas con escritores.
  • Blogue do plan lector.
  • Roteiros guiados pola cidade relacionadas coa lectura.