Quantcast
Skip to main content

Nesta nova actividade do Plan Lector xogamos coas lembranzas que nos trae a todos a serie Verán Azul.

Estaba protagonizada por un grupo de amigos que pasaba as vacaciones de verán en Nerja e reflectía a sociedade española dos anos 80.

Na literatura e no resto das artes a primavera simboliza o nacemento, o inicio de todo, mentres que o outono se identifica co ocaso. Coa fin deste verán azul  e o comezo do outono queremos simbolizar o paso  do tempo e o crecemento individual. Polo tanto, esta semana traballaremos con obras cuxos personaxes experimentan un proceso de maduración, as chamadas novelas de autoformación, o “bildungsroman”. Nelas nárrase a formación ou o crecemento espiritual do protagonista, desde a súa infancia ata a sús “maioría de idade”. Por este motivo, non se trata dun personaxe plano, como  nos contos tradicionais, senon que del esperamos un cambio e unha aprendizaxe ao longo da novela.

Centrarémonos no estudo da evolución dos personaxes principais das obras propostas. Elaboraremos microrrelatos nos que falaremos sobre o paso do verán ao outono deste ano.

Unha das obras nas que se percibe facilmente o proceso de cambio, de maduración dun personaxe é El Lazarillo de Tormes, leremos o primeiro tratado e observaremos a súa actitude desde que coñece ao cego ata que o abandona.

O código QR fai referencia á mítica serie que marcou os veráns de varias xeracións españolas. Unha serie protagonizada por uns mozos que se xuntaban na vila mariñeira de Nerja para pasar as vacacións de verán. Un tempo no que van madurando grazas a todas as aventuras compartidas. Engadimos esta referencia porque é unha boa oportunidade para que os alumos e os seus pais falen deste tema na casa.