fbpx

Categoría: ACTIVIDADES

Cultivando cogomelos

Na actividade extraescolar de horta colleitamos cogomelos e identificámolos. Posteriormente, empregamos os seus esporas e o micelio para o seu cultivo no laboratorio.   Empregamos distintos substratos, entre eles: pousos de café con serraduras, avea e terra con esterco de cabalo. Podedes ver neste vídeo un resumo desta actividade tan sinxela e gratificante!

Le máis

Can you guess?

Na clase de inglés xogamos ao “Can you guess?” Só con mímica ou sons, os compañeiros teñen que adiviñar que temos na nosa carta e, xogando, ampliamos o noso vocabulario!  

Le máis

Actividade Pastoral

Na actividade de pastoral de hoxe realizamos un taller sobre Mans Unidas con voluntarios desta organización eclesial, reflexionando sobre o valor da educación, o voluntariado e a solidariedade          

Le máis

As mesturas homoxéneas

Os alumnos de Ciencias de 1.º BAC están a estudar as mesturas homoxéneas e aprendendo a preparar no laboratorio disolucións a partir dun soluto sólido e dun soluto líquido.        

Le máis

O nacemento de Kiwi

Incubamos ovos nunha incubadora feita con materiais reciclados e así naceu o noso primeiro pitiño Kiwi  Vídeo realizado por José Luis Castro García 4º ESO @47_shinegdt Hoxe estamos de celebración por dúas boas razóns. Dunha banda, da nosa incubadora volveu saír unha nova vida e pola outra, estamos moi orgullosos de que todo o proceso […]

Le máis

O ciclo celular

Os alumnos de 4.º ESO realizaron esta actividade para afianzar os coñecementos do ciclo celular. Recortaron as láminas, identificaron como se atopaba a célula en cada unha das fases e descubriron os cambios que experimenta na interfase e na  fase de división. Para completar esta actividade, José Luis Castro realizou a montaxe deste vídeo e […]

Le máis

O ciclo da auga

  Durante as últimas semanas coñecemos a importancia que ten a auga na Terra e nos seres vivos. Estudamos as súas características, a distribución na Terra, o ciclo da auga na natureza e valoramos se o seu consumo é sostible. Pasámonolo xenial e aprendemos unha chea de cousas que despois explicamos aos nosos compañeiros.   […]

Le máis

Día de libros!

Día de libros! Cada quince días adicamos unha clase á lectura. Na aula temos unha selección de libros ós que podemos botar unha ollada e decidir se lemos. Con todo, hoxe foi un pouco especial o noso día de libros xa que fomos á Biblioteca do Seminario porque chegaron novidades. A verdade é que nos […]

Le máis

Actividade Pastoral

No primeiro día de Actividade Pastoral do curso (11/11/21) visitamos a comunidade das Agostiñas Recoletas de Lugo. Celebramos a eucaristía e compartimos un encontro fraterno con elas. Grazas pola súa acollida e polas pastas tan ricas con que nos obsequiaron!    

Le máis

Práctica: chamas de cores

Nesta práctica apreciamos os espectros de emisión de diferentes substancias ao ser excitadas pola enerxía dunha chama. Cada elemento ou ordenación dos seus electróns, ten o seu propio patrón de ondas característico. Cando os quentamos, estamos aportándolles enerxía para excitar os electróns desde o estado fundamental a un superior e ao relaxarse emiten un fotón […]

Le máis